POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 ene 2019

MERCADOTECNIA EFICAZ


O armario onde acababa de encerrar á súa boneca empezou a renxer. As portas pandearon un chisco pouco antes de saír voando rebentadas pola explosión. A cama quedou cuberta con estelas e anacos de látex. Unha das achas de madeira resultou letal. O home pasou dun sono pracenteiro a outro eterno polo mesmo prezo. 


Ó fabricante do dispositivo obrigárono a advertir no manual de instrucións que, debido á  claustrofobia sufrida por algunhas mozas, poderíase activar automaticamente o mecanismo de inchado infinito. Os pedidos, sempre a través de internet e con embalaxe discreta, aumentaron segundo o previsto.

(Imaxe procedente de internet)

El armario donde acababa de encerrar a su muñeca empezó a crujir. Las puertas pandearon algo poco antes de salir volando reventadas por la explosión. La cama quedó cubierta con astillas y trozos de látex. Una de las esquirlas de madera resultó letal. El hombre pasó de un sueño placentero a otro eterno por el mismo precio. 

Al fabricante del artilugio lo obligaron a advertir en el manual de instrucciones que, debido a la claustrofobia sufrida por algunas chicas, se podría activar automáticamente el mecanismo de hinchado infinito. Los pedidos, siempre a través de internet y con embalaje discreto, aumentaron según lo previsto.


No hay comentarios: