POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 dic. 2016

VIDA DE SOBRA


(Imaxe procedente de internet)
O señorito fíxolle un fillo. Ao sentirse encinta, fuxiu sen deixar rastro. Á nosa aldea chegou cando o pequeno tiña varios anos. Meus pais proporcionáronlle acubillo e pan ata que ela se puido apañar. Primeiro, recollendo leite polas cortes, de madrugada; despois, vendendo queixos nas feiras. E sempre, axudándonos no campo ou no coidado dos cativos segundo fomos nacendo. A cambio, levabamos as súas contas ou escribiámoslle as cartas.

A súa casa humilde encantábanos: a auga do balde, o candil... Pero nunca nos deixaban pasar a noite alí. Un día, mamá suxeriunos ás dúas maiores que fósemos durmir con ela. Custounos crelo! Atopámola soa, desconsolada. O seu Ramón emigrara.

Xamais a vimos queixarse. Nin sorrir. Mesmo cando regresou o fillo, con nora e netos de agasallo. Levárona con eles a unha vivenda confortable e afastada; pero, ás veces, escapaba camiñando ata o noso fogar. Avisada a familia, devolviámoslla días despois, medio convencida pola miña nai de que Ramón non a defendía da súa muller porque bebía de máis.

Acabou cega e ó coidado da nora. Non puido reencontrarse co fillo, falecido décadas antes, ata os cento dous cumpridos.




Su señorito le hizo un hijo. Al sentirse encinta, huyó sin dejar rastro. A nuestra aldea llegó cuando el pequeño tenía varios años. Mis padres le proporcionaron cobijo y pan hasta que ella pudo apañarse. Primero, recogiendo leche por las cuadras, de madrugada; luego, vendiendo quesos en las ferias. Y siempre, ayudándonos en el campo o en el cuidado de los retoños según fuimos naciendo. A cambio, llevábamos sus cuentas o le escribíamos las cartas.

Su casa humilde nos cautivaba: el agua del balde, el candil… Pero nunca nos dejaban pernoctar allí. Un día, mamá nos sugirió a las dos mayores que fuéramos a dormir con ella. ¡Nos costó creerlo! La encontramos sola, desconsolada. Su Ramón había emigrado.

Jamás la vimos quejarse. Ni sonreír. Incluso cuando regresó el hijo, con nuera y nietos de regalo. La llevaron con ellos a una vivienda confortable y lejana; pero, a veces, escapaba caminando hasta nuestro hogar. Avisada la familia, se la devolvíamos días después, medio convencida por mi madre de que Ramón no la defendía de su mujer porque bebía demasiado.


Acabó ciega y al cuidado de la nuera. No pudo reencontrarse con su hijo, fallecido décadas antes, hasta los ciento dos cumplidos.  

                                                                                  Creado para ENTC

No hay comentarios: