POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 abr. 2016

ATA AQUÍ / HASTA AQUÍ


Deixa uns puntos suspensivos tras de si. Non significan pode ser,  xa veremos..., senón tres faragullas de pan podre. Ou pingas de sangue reseco, indeleble, marcando o camiño de volta. Regresará, como noutras ocasións, cando os reproches xa non supuren e as ameazas teñan prescrito; presuntamente abducida pola mesma cantarela de sempre: bágoas e promesas falsas. Pero esta vez, levará agachado entre o medo un afiado punto final.





Deja unos puntos suspensivos tras de sí. No significan puede ser, ya veremos…, sino tres migas de pan podrido. O gotas de sangre reseca, indeleble, marcando el camino de vuelta. Regresará, como en otras ocasiones, cuando los reproches ya no supuren y las amenazas hayan prescrito; presuntamente abducida por la misma cantinela de siempre: lágrimas y promesas falsas. Pero esta vez, llevará escondido entre el miedo un afilado punto final.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   Creado  para REC

2 comentarios:

LA CASA ENCENDIDA dijo...

Cuando no queda más remedio, el punto final es lo mejor por más vueltas que le demos.
Besicos muchos.

Edita dijo...

Grazas, Nani.