POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

16 jun 2015

DESPARELLA FELIZ / DESPAREJA FELIZ


                       (Imaxe baixada de internet)


Descoñecéronse por internet. Concertaron unha cita nun bar para descoñecerse máis a fondo. Convencidos de que entre os dous xa só había dúbidas, decidiron casar. Pero cada día que pasa, saben menos un do outro. Mesmo están pensando en namorarse un día destes.




Se desconocieron por internet. Concertaron una cita en un bar para desconocerse más a fondo. Convencidos de que entre los dos ya solo había dudas, decidieron casarse. Pero cada día que pasa, saben menos el uno del otro. Incluso están pensando en enamorarse un día de estos.



No hay comentarios: