POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

10 nov. 2014

REMAKE


Absortos e aterrorizados polas secuencias impactantes da película, non só se esquecen das súas propias vidas, senón de todo o que os rodea; a gran pantalla atrápaos cuspindo tensión e horror a cachón, sen tregua. Alguén desfruta especialmente da circunstancia visitando fila por fila, asento por asento, sen présa, con recochineo e risa burlona que os presentes confunden co son do filme. Sabe que ten dúas horas longas para levar a cabo o seu plan e emprégaas en buscar a mellor opción. Escudriña a todos sen miramentos, gozando por adiantado con pequenos ensaios, bromas de mal gusto só perceptibles polas vítimas elixidas ó chou. Algunhas, dominadas polo pánico, vense obrigadas a abandonar o cine. Debe escoller a definitiva antes de que a sala quede baleira. Ten varios candidatos perfectos. Ó fin, decídese por unha rapaza que leva media hora cos ollos pechados morta de medo e de noxo. Non sabe a pobre que lle quedan poucos minutos para ser ela a protagonista. O Maligno excítase imaxinando as barbaridades que fará estoutra no seu nome.

(Imaxe baixada de internet)

Absortos y aterrorizados por las secuencias impactantes de la película, no sólo se olvidan totalmente de sus propias vidas, sino de todo lo que les rodea; la gran pantalla los atrapa escupiendo tensión y horror a borbotones, sin tregua. Alguien disfruta especialmente de la coyuntura visitando fila por fila, asiento por asiento, sin prisa, con regodeo y risa burlona que los presentes confunden con el sonido del filme. Sabe que tiene dos horas largas para llevar a cabo su plan y las emplea en buscar la mejor opción. Escudriña a todos sin miramientos, gozando por adelantado con pequeños ensayos, bromas de mal gusto sólo perceptibles por las víctimas elegidas al azar. Algunas, presas del pánico, se ven obligadas a abandonar el cine. Debe escoger la definitiva antes de que la sala quede vacía. Tiene varios candidatos perfectos. Al final, se decide por una chica que lleva media hora con los ojos cerrados muerta de miedo y de asco. No sabe la pobre que le quedan pocos minutos para ser ella la protagonista. El Maligno se excita imaginando las barbaridades que hará esta otra en su nombre.


Relato mencionado en ENTC

No hay comentarios: