POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 ago. 2014

. . . . . . . METAMORFOSE FRUSTRADA . . . . . METAMORFOSIS FRUSTRADA

(Imaxe baixada de internet)




Primeiro apareceu o amargor na boca, insoportable. Os especialistas e as probas médicas máis sofisticadas non deron co mal. Ó pouco tempo, chegou a caída do cabelo e, no seu lugar, brotaron saramagos. Coas primeiras flores amarelas da cabeza, o corpo foise ensumindo, ata converterse nunha manchea de raíces enmarañadas que buscaban terra. E atopárona, pero despois da autopsia. 






Primero apareció el amargor en la boca, insoportable. Los especialistas y las pruebas médicas más sofisticadas no descubrieron la causa. Al poco tiempo, llegó la caída del cabello y, en su lugar, brotaron jaramagos. Con las primeras flores amarillas de la cabeza, el cuerpo se fue consumiendo, hasta convertirse en un manojo de raíces enmarañadas que buscaban tierra. Y la encontraron, pero después de la autopsia.



2 comentarios:

@lorenzodrubio dijo...

Olé muy bueno (palmas) eres una musa de las letras.

Edita dijo...

Cala, cala, a ver se o vou crer... :-) Mil grazas.