POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

15 sept. 2013

CONDENADA SEN XUÍZO / CONDENADA SIN JUICIO


           -¡Coidado, xa está aquí!
          As malas linguas correron a voz e axiña a localidade enteira estaba previda. Ela, nova na zona, solitaria e inofensiva, non tiña idea da axitación que provocaba. Aínda que a súa presenza infundía temor, todo o mundo lle quería ver a cara. Non tardaron en chegar os primeiros insultos e as vexacións máis humillantes, que soportou con estoica resignación. Pero non puido resistir as agresións físicas: unha patada brutal deixouna totalmente desfeita. ¡Pobre! ¡Que culpa tería ela de parecerse tanto á Phalloides do outono anterior…!


(Imaxe baixada de internet)


                  -¡Cuidado, ya está aquí!
           Las malas lenguas corrieron la voz y en pocas horas el pueblo entero estaba prevenido. Ella, nueva en la zona, solitaria e inofensiva, era ajena al revuelo que provocaba. Aunque su presencia infundía temor, todo el mundo quería verle la cara. No tardaron en llegar los primeros insultos y las vejaciones más humillantes, que soportó con estoica resignación. Pero no pudo resistir las agresiones físicas: una patada brutal la dejó totalmente destrozada. ¡Pobre! ¡Qué culpa tendría ella de parecerse tanto a la Phalloides del otoño anterior…!


Seleccionado e publicado no  "Tercer Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE"

7 comentarios:

carnota dijo...

AI!! A PHALLOIDES QUE DA MEDO. OS HUMANOS NON TEMOS POR QUE SER TAN BRUTOS CON ELA PORQUE NON TEN A CAPACIDADE DE DESPRAZAMENTO. ENCÁNTANOS ABUSAR DOS INDEFENSOS??? ALGUNHA ARMA TEÑEN QUE TER PARA TANTA SUPREMACÍA HOMÍNIDA.


Entra o comentario?

Madoé dijo...

Entra, entra :-)

suaseiras dijo...

Quentando cabezas....

Madoé dijo...

Pois si...

rascacheira dijo...

Canto tempo sen vir por aquí. Vexo que a cousa marcha!!! Alégrome tanto...
Haberás cogomelos este outono?

Madoé dijo...

Bueno, vai daquela maneira. A neurona colle vacacións con demasiada frecuencia ultimamente.

Cogomelos haberá, ten que haber que está chovendo... :-)

Montesinadas dijo...

Cosas de internet te he leído en ENTC y me ha encantado el relato así que por aqui me quedo.
Invitada quedas al mío y quedate si ves algo que te interesa.
http://montesinadas.blogspot.com.es/