POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

17 may. 2013

A SUBSTITUTA / LA SUSTITUTA



(Imaxe baixada de internet. Editada.)


É cedo. Esperto cos aloumiños e as suaves trabadas do meu marido no lombo. Dou a volta e arrepíaseme o corpo: ¡unha rata ocupa o seu lugar!







Es temprano. Despierto con las caricias y los delicados mordiscos de mi marido en la espalada. Me doy la vuelta y quedo horrorizada: ¡una rata ocupa su lugar!


2 comentarios:

rascacheira dijo...

Que sensación me acaba de producir pensar que isto fose real!!!!!!!

Madoé dijo...

:-)