POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 abr. 2013

FOBIA



(Imaxe baixada de internet)
Arrímase á beira da cama pero non lle vale de nada. Aí segue ela, ousada, ameazante, invasora... O noxo que lle produce impídelle actuar con serenidade, pensar, urdir un plan de ataque; nin tan sequera sabe como defenderse. A cada centímetro que a intrusa avanza, vaise encollendo, paralízase. Tampouco se atreve a prender a luz. Ante o inminente contacto, só lle queda berrar. Pero a gorxa non responde; en silencio, repite ata perder o sentido: “¡¡Unha araña, unha araña!!”.




Se arrima al borde de la cama, pero no le sirve de nada. Ahí sigue ella, osada,  amenazante, invasora… La repulsión que le provoca le impide actuar con serenidad, pensar, urdir un plan de ataque; ni siquiera sabe cómo defenderse. A cada centímetro que la intrusa avanza, se va encogiendo, se paraliza. Tampoco se atreve a encender la luz. Ante el inminente contacto, sólo le queda gritar. Pero la voz no responde; y en completo silencio, repite hasta desmayarse: “¡¡Una araña, una araña…!!”.  


6 comentarios:

rascacheira dijo...

E non sería mellor pensar "mira que ben, unha trampa para moscas e outra bichería molesta"???

Madoé dijo...

Si, claro... ¿E daquela onde estaba o pesadelo?

suaseiras dijo...

Nesta, acordeime de "Eutimus"

O da araña é simbólico,tamén podía ser unha mosca ou un coche, ou un can ou un paxaro ou un político---Un medo!!!

Madoé dijo...

Si, eu tamén me acordei dela, mais foi de casualidade. Si, podería ser calquera cousa, pero pretendía que fose "realista". A miña intención é que non parecese un soño.

suaseiras dijo...

Qué?? Pois o título, moito non axuda. Mmmm, ti saberás...

Madoé dijo...

Carai, non das puntada sen fío, es un perigo...:-) Tes toda a razón do mundo, o título non está moi logrado e iso que lle dei ben voltas. Terei que seguir discurrindo. De momento, mentres que non se me acenda a bombilla, vou cambiar pesadelo por fobia. ¿Mellor así ou peor?