POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

24 mar 2013

RECUPERANDO MEMORIA



              (Imaxe baixada de internet)


Tivera un accidente de coche e quedara amnésico. Era como se aterrase noutro planeta: non recoñecía lugares, obxectos…, nin sequera as persoas da familia. Tiña medo, sentíase totalmente perdido. A recuperación foi moi lenta. Houbo que empezar de cero, coma se volvese á clase de parvuliños, que el non lembraba tampouco, claro. (Que pena esquecer iso, non?, co ben que se pasa en Infantil, sen exames nin nada, todo o día a xogar… ) Sigamos. As palabras máis sinxelas eran absolutas descoñecidas para el, e non digamos escribilas, nin sabía coller o lapis.

Desde o principio da terapia, van case dous anos e agora xa está moito mellor. De tódolos xeitos, ten que preguntar seguido polo significado de palabras novas. Xa non se atopa nun planeta estraño; agora é como se estivese noutro país aprendendo unha lingua nova. Claro que el tampouco sabe o que é estar noutro país nin aprender outra lingua, ¡bastante ten o pobre co galego e con non perderse polas rúas da súa vila!

Onte, na televisión, escoitou como falaban do Monarca ao mesmo tempo que amosaban imaxes de D. Xoán Carlos. Non entendía. O seu fillo pequeno explicoulle que o Monarca era o Rei, e quedou tranquilo, porque esa palabra xa a tiña controlada. Hoxe, a muller, antes de saír para o traballo, díxolle que pola tarde irían á Coruña ver as cabalgatas dos reis, porque mañá é o seis de xaneiro. Non entendeu moi ben a importancia desta data, e non quixo enredala con preguntas, porque a ela facíaselle tarde. Pero non importa, ¡non cabe en si de felicidade! Nin se acordou de almorzar; leva varias horas entre o baño e o cuarto poñéndose guapo. Baixou toda a roupa do armario e ciscouna enriba da cama. Non se dá decidido. Terá que axudarlle Carme cando volva. ¡Está emocionado porque vai ver  a D. Xoán Carlos e Dna. Sofía en persoa...! Pobre.




Había tenido un accidente de coche y quedó amnésico. Era como si aterrizara en otro planeta: no reconocía lugares, objetos..., si siquiera a las personas de la familia. Tenía miedo, se sentía totalmente perdido. La recuperación fue muy lenta. Hubo que empezar de cero, como si volviera a clase de parvulitos, que él no recordaba tampoco, claro. (Qué pena olvidar eso, ¿no?, con lo bien que se pasa en Infantil, sin exámenes nin nada, todo el día jugando... ) Sigamos. Las palabras más sencillas eran absolutas desconocidas para él, y no digamos escribirlas, ni sabía coger el lápiz.

 (Imaxe baixada de internet)
Desde el comienzo de la terapia, van case dos años e ahora ya está mucho mejor. De todas formas, tiene que preguntar seguido el significado de palabras nuevas. Ya no se encuentra en un planeta extraño; ahora es como si estuviera en otro país aprendiendo una lengua nueva. Claro que él tampoco sabe lo que es estar en otro país ni aprender otra lengua, ¡bastante tiene el pobre con el gallego y con no perderse por las calles de su pueblo.

Ayer, en la televisión, escuchó como hablaban del Monarca al mismo tiempo que mostraban imágenes de D. Juan Carlos. No comprendía. Su hijo pequeño le explicó que el Monarca era el Rey, y se quedó tranquilo, porque esa palabra ya la tenía controlada. Hoy, su mujer, antes de salir para el trabajo, le dijo que por la tarde irían a Coruña a ver las cabalgatas de los reyes, porque mañana es el seis de enero. No entendió muy bien la importancia de esta fecha, y no quiso entretenerla con preguntas, porque a ella se le hacía tarde. Pero no importa, ¡no cabe en sí de felicidad! Ni se ha acordado de desayunar; lleva varias horas entre el baño y el dormitorio poniéndose guapo. Bajó toda la ropa del armario y la ha esparcido encima de la cama. No es capaz de decidirse. Tendrá que ayudarle Carmen cuando vuelva. ¡Está emocionado porque va a ver a D. Juan Carlos y a Dña. Sofía en persona! Pobre.

(Monólogo para  A FESTRA DA PALABRA)

2 comentarios:

suaseiras dijo...

(Monólogo para A FESTRA DA PALABRA)
Supoño que sería un concurso o algo así.

Nos tempos que corren, quero pensar, que non estaría tan apurado o home.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non, non é un concurso, é un festival que un mestre que vive na miña casa organiza cos alumnos de secundaria do centro desde hai bastantes anos. De vez en cando, segundo a temática de cada edición, encárgame algún textiño se lle falta algo moi concreto. Desta volta tocoume este texto e máis un poema (AUSENCIA) que tamén anda por aquí. Agora mesmo lle vou poñer esa información :-) Mira o que son as casualidades que xusto mañá empeza o festival.