POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

16 sept 2025

RELACIÓN FUGAZ

 

Véxoo desde a ventá. Máis cás antenas ou a pel de sapo, impresióname como se despraza: levita. ¡Cantas veces flotei ingrávida en soños! Saio recibilo. Sorprendentemente, asústome menos ca el. Penso mil preguntas e, abraiada, comprobo que responde a todas por telepatía. Cando case consegue facerme levitar coa súa técnica avanzada, detecta o coche do meu home e desaparece. Volvía do traballo veloz e preocupado porque non atendo o teléfono. Despois de contarlle o acontecido, lévame a urxencias psiquiátricas. Pido auxilio telepático ó meu novo amigo ausente, pero non contesta.

Imaxe procedente de internet




Lo veo desde la ventana. Más que las antenas o la piel de sapo, me impresiona como se desplaza: levita. ¡Cuántas veces he flotado ingrávida en sueños! Salgo a recibirlo. Sorprendentemente, me asusto menos que él. Pienso mil preguntas y, alucinada, compruebo que responde a todas por telepatía. Cuando casi consigue hacerme levitar con su técnica avanzada, detecta el todoterreno de mi marido y desaparece. Regresaba del trabajo veloz y preocupado porque no atiendo el teléfono. Después de contarle lo ocurrido, me lleva a urgencias psiquiátricas. Pido auxilio telepático a mi nuevo amigo ausente, pero no contesta.


No hay comentarios: