POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 sept 2025

MAN ESQUERDA / MANO IZQUIERDA

 

Desde que un estúpido accidente doméstico lle queimou a destra con aceite de tirabeques, a súa vida é outra. De súpeto e por orde, xurdiron os trastornos clásicos: dor, curas, uso forzoso da zurda, certa dependencia... Despois chegou un cambio de carácter inesperado. Grazas ó seu novo talante conciliador e persuasivo, conseguiu recuperar o trato con tódolos veciños, convencer ó marido para reformar o baño ou que os netos coman verdura. Como ela mesma continúa colocando a vendaxe, ninguén sabe que o centro de saúde lle deu a alta hai dúas semanas. Teme desfacer o feitizo.


 
Imaxe procedente de internet

Desde que un estúpido accidente doméstico le quemó la diestra con aceite de tirabeques, su vida es otra. De repente y por orden, surgieron los trastornos clásicos: dolor, curas, uso forzoso de la zurda, cierta dependencia... Luego llegó un cambio de carácter inesperado. Gracias a su nuevo talante conciliador y persuasivo, ha conseguido recuperar el trato con todos los vecinos, convencer al marido para reformar el baño o que los nietos coman verdura. Como ella misma continúa colocándose el vendaje, nadie sabe que el centro de salud le dio el alta hace dos semanas. Teme deshacer el hechizo.



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Os tirabeques é que son boísimos pa todo.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja ja ja. Incluso para comer. Grazas.