POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 nov 2024

MULLER XL / MUJER XL


Acabáronse os eufemismos. Non estou inchadiña nin son robusta; nacín gorda e mantéñome. Iso si, sempre vestida de negro con pezas de roupa folgadas para disimular. Farta de que me preguntasen se estaba de loito, pasei ó azul mariño integral, adecuado en verán e inverno, moito menos sospeitoso. Para dar vida a tanta escuridade, abuso de complementos e accesorios en tonalidades azuladas máis claras: bufandas, gorras, calcetíns, zapatillas, bolsos... Mesmo cambiei as lentes por unhas a xogo cor turquesa. Aproveitando a renovación forzosa do vestiario, reducín volumes e anchuras téxtiles. A moza da tenda, tamén grosa, é tan culpable coma min. Véxome ben por primeira vez. Antes de que as críticas cara ó meu novo look prosperen e se me ocorra mudar ó amarelo ou ó rosa, que odio, saquei unha foto divina para subir a Tinder. Se algún anda buscando princesa azul, aquí hai unha que vale por dúas. Ou máis. 




Imaxe procedente de internet
Se acabaron los eufemismos. No estoy rellenita ni soy robusta; nací gorda y me mantengo. Eso sí, siempre vestida de negro con prendas holgadas para disimular. Harta de que me preguntaran si estaba de luto, pasé al azul marino integral, adecuado en verano e invierno, mucho menos sospechoso. Para dar vida a tanta oscuridad, abuso de complementos y accesorios en tonalidades azuladas más claras: bufandas, gorras, calcetines, zapatillas, bolsos... Incluso cambié las gafas por unas a juego color turquesa. Aprovechando la renovación forzosa del vestuario, reduje volúmenes y vuelos textiles. La chica de la tienda, también oronda, es tan culpable como yo. Me veo bien por primera vez. Antes de que las críticas hacia mi nuevo look prosperen y se me ocurra mudar al amarillo o al rosa, que odio, he sacado una foto divina para subir a Tinder. Si alguno anda buscando princesa azul, aquí hay una que vale por dos. O más.


No hay comentarios: