POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 nov 2024

DUELO TORMENTOSO

 

Imaxe procedente de internet

Contaron os pasos, deron a volta, apuntaron e… un raio oportuno non lles deixou disparar. As testemuñas respiraron aliviadas. Despois recolleron os dous corpos calcinados.

 


Contaron los pasos, se dieron la vuelta, apuntaron y… un rayo oportuno no les dejó disparar. Los testigos respiraron aliviados. Luego recogieron los dos cuerpos calcinados.


No hay comentarios: