POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

24 sept 2022

CORPO DE MULLER / CUERPO DE MUJER


Dá, por fin, a última pincelada e arrédase do lenzo para admiralo. Encántalle. Esta vez si elixiu a modelo e a postura perfectas. Malia estar esgotado despois de tantas horas traballando intensamente, a excitación non o abandona, e iso que intenta reprimila. Xa haberá tempo para gozar da súa obra ou facer tolemias; agora urxe desfacerse do corpo antes de que amañeza.

(Imaxe procedente de internet)

Da, por fin, la última pincelada y se aleja del lienzo para admirarlo. Le encanta. Esta vez sí ha elegido la modelo y la postura perfectas. Aunque está agotado después de tantas horas trabajando intensamente, la excitación no lo abandona, y eso que intenta reprimirla. Ya habrá tiempo para disfrutar de su obra o hacer locuras; ahora urge deshacerse del cuerpo antes de que amanezca. 



No hay comentarios: