POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 sept 2022

ATERRAXES / ATERRIZAJES


Laura namorouse do seu anxo da garda, pero ninguén a cre. Traballador, discreto, sempre atento... É a parella ideal. Cando Felipe descobre quen é o seu rival, non pode parar de rir. Laura desgústase, non por ela, senón polo pobre querubín que sempre está presente. O noivo continúa actuando coma se nada: convídaa a cear, quere que sigan durmindo xuntos... Ela rexéitao, mais non consegue afastalo. Toma unha drástica decisión: escapará a un lugar onde non cuestionen a súa nova relación. Solicita a baixa laboral e compra un billete de avión para Oslo. Volve á casa e sobe lixeira as escaleiras; debe ultimar algunhas cuestións da viaxe. Ó pisar o último chanzo, dá un tropezón e roda ata o fondo. Dóelle todo. Onde está o seu custodio? Nunca antes lle fallara. Outro que foxe do compromiso! Chora desconsolada. Desde arriba, o anxo míraa con pena. Sente deixala, pero aclimatouse a planear baixo e agora non desexa voar sobre as nubes nin aguantar o frío escandinavo. Na vivenda contigua esperan un bebé, e xa solicitou ó xefe que lle reserve o posto de protector da criatura. Felipe, casualmente, aparece no portal e auxilia a Laura.

(Imaxe procedente de internet)



Laura se ha enamorado de su ángel de la guarda, pero nadie la cree. Trabajador, discreto, siempre atento... Es la pareja ideal. Cuando Felipe descubre quién es su rival, no puede parar de reír. Laura se disgusta, no por ella, sino por el pobre querubín que siempre está presente. El novio continúa actuando como si nada: la invita a cenar, quiere que sigan durmiendo juntos... Ella lo rechaza, mas no consigue alejarlo. Toma una drástica decisión: se escapará a un lugar donde no cuestionen su nueva relación. Solicita la baja laboral y compra un billete de avión para Oslo. Vuelve a casa y sube rauda las escaleras; debe ultimar algunas cuestiones del viaje. Al pisar el último escalón, da un traspié y rueda hasta el fondo. Le duele todo. ¿Dónde está su custodio? Nunca antes le había fallado. ¡Otro que huye del compromiso! Llora desconsolada. Desde arriba, el ángel la mira con pena. Siente dejarla, pero se ha aclimatado a planear bajo y ahora no desea volar sobre las nubes ni aguantar el frío escandinavo. En la vivienda contigua esperan un bebé, y ya ha solicitado al jefe que le reserve el puesto de protector de la criatura. Felipe, casualmente, aparece en el portal y auxilia a Laura.


No hay comentarios: