POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 sept 2022

SECUELAS

 

(Imaxe procedente de internet)


Tantas amarguras lle fixo tragar a vida que se volveu adicta ó sufrimento. O peor é que cada vez necesita doses maiores de tristeza para conciliar o sono. O único fillo que lle queda vivo empeza a protestar porque ve como súa nai se arruína mercando desgustos alleos.




Tantas amarguras le hizo tragar la vida que se ha vuelto adicta al sufrimiento. Lo peor es que cada vez necesita dosis mayores de tristeza para conciliar el sueño. El único hijo que le queda vivo empieza a protestar porque ve como su madre se arruina comprando disgustos ajenos.


No hay comentarios: