POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 jul 2022

ORFOS / HUÉRFANOS

 

Unha pega agoniza no chan sen desprender o alimento que portaba. Dous gatos achéganse. Un raparigo segue practicando coa súa escopeta nova.

O niño é un clamor de peteiros desencaixados.


(Imaxe procedente de internet, editada)
  


Una urraca agoniza en el suelo sin desprender el alimento que portaba. Dos gatos se aproximan. Un muchacho sigue practicando con su escopeta nueva.

El nido es un clamor de picos desencajados.



No hay comentarios: