POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

15 jul 2022

COIDADOSA / CUIDADOSA


(Imaxe procedente de internet)
Está esgotada de tanto limpar. Bótalle unha ollada máis a súa nai. Senta no sofá e prende a televisión. 
Recorre os programas todos buscando algo interesante. Detense nunha conexión en directo; un reporteiro ofrece o micrófono a varios veciños que denuncian na rúa o cheiro procedente dunha vivenda da comunidade. Apaga. Completa a lista da compra: lixivia, ambientador, incenso, ferrollo grande... Arrepíntese de non ter mercado o conxelador que estivo de oferta a semana pasada. Axexa pola ventá. Non pode saír mentres sigan as cámaras diante do seu edificio.

  

Está agotada de tanto limpiar. Le echa un vistazo más a su madre. Se sienta en el sofá y enciende el televisor. Recorre los programas todos buscando algo interesante. Detiene el rastreo en una conexión en directo; un reportero ofrece el micrófono a varios vecinos que denuncian en la calle el hedor procedente de una vivienda de la comunidad. Apaga. Completa la lista de la compra: lejía, ambientador, incienso, cerrojo grande... Se arrepiente de no haber comprado el congelador que estuvo de oferta la semana pasada. Acecha por la ventana. No puede salir mientras sigan las cámaras delante de su edificio.


No hay comentarios: