POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

10 jul 2022

VIDAS POLISÉMICAS

 

(Imaxe procedente de internet)

Non é certo que teñan sete vidas. Mamá pensa iso porque os veciños novos cruzan sen mirar, mollan os pés, van sen bufanda... e non lles pasa nada. En cambio eu, sempre con tiritas ou mocos. O máis pequeno vén á miña clase, pero pouco.  Pasa os recreos só, nun recuncho. A min tampouco me escollen os do fútbol. Hoxe levei agachada a consola portátil e estívenlle ensinando a xogar. Para animalo, cedinlle unha vida das miñas, que me sobran. Agradeceu moito o agasallo; dicía que agora, con dúas, será o máis rico da súa familia. Fíxome graza. Creo que xa somos amigos.



No es cierto que tengan siete vidas. Mamá piensa eso porque los vecinos nuevos cruzan sin mirar, mojan los pies, van sin bufanda... y no les pasa nada. En cambio yo, siempre con tiritas o mocos. El más pequeño viene a mi clase, pero poco.  Se pasa los recreos solo, en un rincón. A mí tampoco me escogen los del fútbol. Hoy llevé escondida la consola portátil y le estuve enseñando a jugar. Para animarlo, le cedí una vida de las mías, que me sobran. Agradeció mucho el regalo; decía que ahora, con dos, será el más rico de su familia. Me hizo gracia. Creo que ya somos amigos.



No hay comentarios: