POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 jun 2022

SECUELAS DO VIRUS / SECUELAS DEL VIRUS

 

Despois de tres meses de obrigado confinamento no domicilio e catro desde que o goberno levantou o estado de alarma, a veciña do segundo segue sen saír da casa. Viva está porque a escaleira non cheira e, aínda que non abre cando soa o timbre, contesta a berros e máis por teléfono. Disque non se fía; precisa un tempo para convencerse de que a pandemia rematou.

A verdade é outra ben distinta: non cabe pola porta. Sería un pecado deixar perder tanta comida. Xa baleirou a despensa e o frigorífico, pero aínda lle queda medio conxelador por liquidar.

 

Después de tres meses de obligado confinamiento en el domicilio y cuatro desde que el gobierno levantó el estado de alarma, la vecina del segundo sigue sin salir de casa. Viva está porque la escalera no huele mal y, aunque no abre cuándo suena el timbre, contesta a grito pelado y atiende el teléfono. Por lo visto no se fía; precisa un tiempo para convencerse de que la pandemia acabó. 
(Imaxe procedente de internet)

La verdad es otra bien distinta: no cabe por la puerta. Sería pecado dejar estropear tanta comida. Ya vació la despensa y el frigorífico, pero aún le queda medio congelador por liquidar.



No hay comentarios: