POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 feb 2015

GRIS RAPOSO / GRIS ZORRO


Setembro avanza veloz; as primeiras follas arremuiñadas á súa porta presaxian un outono revolto. O marido empeñouse en que as tres fillas pasen este curso nun internado londiniense. Para perfeccionar o inglés, disque. Ela sabe que ese non é o motivo, senón unha simple coartada. O martes pasado cando, indisposta, non asistiu á sesión habitual de Pilates, descubriu no xesto contrariado do seu esposo o que debía ter visto hai tempo. Pero non se atreve a impedir o desterro das nenas por medo a que el sospeite que foi descuberto.



(Imaxe baixada de internet)
Septiembre avanza veloz; las primeras hojas arremolinadas a su puerta  presagian un otoño revuelto. El marido se ha empeñado en que las tres hijas pasen este curso en un internado londinense. Para perfeccionar el inglés, dice. Ella sabe que ese no es el motivo, sino una simple coartada. El martes pasado cuando, indispuesta, no asistió a la sesión habitual de Pilates, descubrió en el gesto contrariado de su esposo lo que debía haber visto hace tiempo. Pero no se atreve a impedir el destierro de las niñas por miedo a que él sospeche que ha siso descubierto.


                                                                                               Para LA COPA DEL MICRORRELATO de ENTC                                                                                                                                                                                                                                                                                      

No hay comentarios: