POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

22 feb 2014

MARIDO DESPISTADO



(Imaxe baixada de internet)
Volveu vinte anos despois,
e sen tabaco…





Regresó veinte años después, 
y sin tabaco…


3 comentarios:

David Rubio dijo...

Ja, ja, ja No sé yo si tan despistado como quisiera hacer ver.
Muy divertido. Saludos

rascacheira dijo...

Boísimo!!!!!!!!!!!! Non se pode dicir máis con menos! Como sempre: es a raíña do hiperbreve. Se Monterroso levantase a cabeza...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Es moi xenerosa. ¿Díxencho algunha vez? :-)