Espertouno
o frío. Alegrouse de que xa estivese amencendo. Estrañoulle o
silencio absoluto, nada habitual naquel lugar. Axiña comprendeu o
que sucedía: caera unha boa nevarada que amortecía os sons. Era a
primeira vez que contemplaba semellante espectáculo. Ergueuse e,
abrigándose canto puido, botouse a camiñar sobre a branca alfombra.
Pero ó instante observou que non era o primeiro en facelo. Como se
deitara completamente só, chocoulle ver aquelas pegadas profundas
que o precedían. A curiosidade fíxolle continuar tralo rastro, con
certo medo e moita precaución. O camiño marcado serpeaba, subía,
baixaba... E sen apartar os ollos do chan, foino seguindo, coma
hipnotizado. De súpeto, atónito, queda paralizado ó comprobar que
os seus pasos o devolveron ó acocho onde pasara a noite; sobre o
seu xergón vello, cuberto cos seus mesmos cartóns, unha persoa
idéntica a el dorme profundamente.
(Imaxe baixada de internet) |
Creado para ENTC
2 comentarios:
Magnifico micro. Esa imagen perturbadora de seguir un camino ya trillado, un bucle del que no se sale. Es desolador. Saludos
Sorprendida e agradecida polo comentario.
Publicar un comentario