POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
10 comentarios:
Y se contempla, sorprendida, al verse reflejada allá arriba,en el cielo.
¡¡Fermosa conclusión!!
Vexo que os equipos funcionan.
Ti ben o sabes...
As persoas funcionamos en equipo por obriga de factores x, ou por necesidade vital?
Doutra maneira, a especie humana asóciase por necesidade externa, ou por necesidade interna tamén?
Somos sociables por natura, ou por obriga?
Por certo, que terá a lúa!?
Misterio?
Desexo?
Loucura?
As tres cousas e máis
En canto ao de funcionar en equipo, eu creo que o home é un ser social por natureza. Sempre se dixo iso, non si?
Si, sempre si dixo iso. Dinse tantas cousas...
Xa, pero estaba cuestionando!!
Levo tempo cuestionándoo...
Publicar un comentario