POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
12 comentarios:
Como sabes enmeigar!!!
Unha combinación en verde, rozando a perfección.
¡Coida ese catarro, Suaseiras! ¿Non terás febre? :-)
¿E que me dis da imaxe? ¿Non a recoñeces?
¡Que hermosa es la metáfora del río!, siempre cambiante y siempre nuevo, como la vida misma. Gracias por incluir mi acuarela.
Grazas a ti por regalarma.
Preciosa esa acuarela! Suave como o poema.
Para combinar coas túas palabras...
Lambendo verdes!! Eu inclínome pola personificación. Imaxino á larpeira lingua aproveitando todo o zume de clorofila.
Finísima acuarela.
Si, finísima acuarela. Se picades sobre a imaxe e a vedes en grande, aínda luce mellor ¿Pero non hai ninguén que note algo máis...? A ver, Carnota, Suaseiras, un esforciño. Non terei que preguntarlle a J.M. do Agro...
Refíreste ao mellor que é unha foto do Ulla pintada por Eutimos?
Ola, BIBLIO. ¿Es un/unha novo/a comentarista ou foi un lapsus de quen eu penso?
Si, referíame a que é unha zona do río Ulla moi coñecida por algúns ou algunhas das que andamos por aquí.
Si, un lapsus. ¡Que cousas!
Ja ja ja. ¿Que sería, o subconsciente ou o inconsciente? :-)
Publicar un comentario