POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
7 comentarios:
POR FIN!
Mira que son ghuapas, ghuapas, ghuapas!!!
Non terías que poñer como pé de foto que as idem son túas??? Porque che quedaron tan ben como os haikus.
Creo que ese nome en galego se debe a que ás veces os bois a comíán e saían alucinando e brincando monte abaixo...
Ja ja ja. Xa non fai falta que o diga, xa o dixeches ti. Cando as fotos non son miñas, ou sexa, case sempre, xa digo de onde proveñen. Se non poño nada... Moitas grazas, de todos xeitos.
Aí está a raiña das festas!!!
A que todo mundo mira, sen tocarlle un pelo!!!
Ya lo escribiste, es verdad que son tentadoramente bonitas.
No punto xusto entre malvada e encantadora. A malvada de máis, asusta. A boa de máis, farta. Esta, nin asusta nin farta: unha auténtica DIVA do monte.
¡Oooohhhh! Nin eu o diría mellor... Ja ja ja ja.
Está claro, que non é indiferente para ninguén. Como di Carnota,(nacen na súa finca) DIVINAS!!
Publicar un comentario