POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

1 ago 2010

PRAIA PARA DOUS / PLAYA PARA DOS /

(Imaxe baixada de internet)

Buscaban unha praia solitaria e atoparon un areal individual, ideal para dous que querían ser un. Detrás, o monte verde que tantas trabas puxera para deixarse cruzar. Diante, un mar de azul tranquilo que os acollía como cómplice amigo. E no medio, eles dous, cravados na area, abrazados para non recoñecer a vergoña de estar en bañador sen testemuñas.
Pero unha nube acudiu para salvalos: abrigaron o corpo e espiron a alma por primeira vez. E sorprendeunos a noite, xa sen vergoña, sen roupa, sen frío, na auga...


Buscaban una playa solitaria y encontraron un arenal individual, ideal para dos que querían ser uno. Detrás, el monte verde que tantos impedimentos había puesto para dejarse cruzar. Delante, un mar de azul tranquilo que les acogía como un cómplice amigo. Y en medio, ellos dos, clavados en la arena, abrazados para no verse la vergüenza de estar en bañador sin testigos.
Pero una nube los salvó: se abrigaron el cuerpo y se desnudaron el alma por primera vez. Y los sorprendió la noche, ya sin vergüenza, sin ropa, sin frío, en el agua...

2 comentarios:

suaseiras dijo...

Cantos soños dan as praias!

Edita Nogueira Tallón dijo...

E algún que outro susto tamén. Pero esa é outra historia...