POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 ago 2010

OCORRENCIAS PROVERBIAIS / OCURRENCIAS PROVERBIALES /


(Imaxe baixada de internet)

Cando a tristura te embargue, non hipoteques a ledicia dos teus.

Cuando la tristeza te embargue, no hipoteques la alegría de los tuyos.

...............................................................................................................

O peor de facerse vello non é avellar, senón darse conta.

Lo peor de hacerse viejo no es envejecer, sino darse cuenta.

.........................................................................................................

Ninguén pode vivir sen problemas. O que non os ten, búscaos. Menos mal que sempre se atopan...

Nadie puede vivir sin problemas. El que no los tiene los busca. Menos mal que siempre se encuentran...

.........................................................................................................

A nenez é pranto; a mocidade, incomprensión; a madurez, problemas; a vellez, dor. ¡Que viva a morte!

La niñez es llanto; la juventud, incomprensión; la madurez, problemas; la vejez, dolor. ¡Que viva la muerte!

.........................................................................................................

Non convén mirar para atrás: ou che impide avanzar ou te esnafras.
Mirar sempre cara adiante tamén é arriscado: non te decatas do rastro que vas deixando.

No conviene mirar hacia atrás: o te impide avanzar o te das un leñazo.
Mirar siempre al frente también es arriesgado: no te das cuenta del rastro que vas dejando.

.........................................................................................................

Para divertirse é imprescindible unha cousa: tempo.
Para aburrirse fan falta dúas: tempo e tempo.

Para divertirse es imprescindible una cosa: tiempo.
Para aburrirse hacen falta dos: tiempo y tiempo.

........................................................................................................

Non sufras elixindo entre os teus múltiples amigos. O mellor de todos é ese que andas buscando.

No sufras eligiendo entre tus múltiples amigos. El mejor de todos es ese que andas buscando.

4 comentarios:

poeafeccionado dijo...

Interesantes pensamentos. Outros peores dan a volta ó mundo e son citados en foros cultos.

Anónimo dijo...

Todos moi pensados e resultóns. A imaxe do Principiño sáese un pouco do tono acedo da maioría das reflexións.
Carnota

Edita Nogueira Tallón dijo...

Graciñas ós dous.
O Principiño púxeno porque tamén soltaba frases-pensamento...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Carnota, xa ves que cambiei o Principiño por un cerebriño esparexendo pensamentos de cores. ¿Mellor así?