POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 ene 2026

SORPRESA DE IDA E VOLTA / SORPRESA DE IDA Y VUELTA

 

Abúrreme o Nadal. Adoito evitalo indo de safari ou a calquera destino exótico. Pero este ano cambio esas aventuras por outra de maior risco: sorprender á familia na cea de Noiteboa.

Non me esperan. Desde fóra, oio entre o boureo disparos de tapóns de champaña e choques de copas. Envío unha mensaxe anónima a miña irmá rogándolle que abra a porta a Papá Noel, demasiado gordo para entrar pola cheminea. Responde. Alucino: a moi inocente creo. Pretende deitalos a todos primeiro empeñada en que non me vexan. Chove. Cando abre ó fin, descobre a un tipo fraco tremelicando, con barba postiza e disfrace vermello enchoupado de auganeve; a carón, un saco grande. Asústase, pecha de golpe e chama á policía.

Grazas á estufa da comisaría, podo recuperar a fala e explicarme. Os axentes tentan, sen éxito, controlar as gargalladas.


 

Imaxe procedente de internet

Me aburren las Navidades. Suelo evitarlas yendo de safari o a cualquier destino exótico. Pero este año cambio esas aventuras por otra de mayor riesgo: sorprender a la familia en la cena de Nochebuena.

No me esperan. Desde fuera, oigo entre el bullicio disparos de corchos de champán y choques de copas. Envío un mensaje anónimo a mi hermana rogándole que abra la puerta a Papá Noel, demasiado gordo para entrar por la chimenea. Responde. Alucino: la muy inocentona se lo cree. Pretende acostarlos a todos primero empeñada en que no me vean. Llueve. Cuando abre al fin, descubre a un tipo flaco tiritando, con barba postiza y disfraz rojo empapado de aguanieve; a su lado, un saco grande. Se asusta, cierra de golpe y llama a la policía.

Gracias a la estufa de comisaría, puedo recuperar el habla y explicarme. Los agentes intentan, sin éxito, controlar las carcajadas.


Relato creado para el GORDO ENTC 2025