Descubrino á tardiña no xardín, mentres lle arrincaba unhas flores murchas á roseira. Era ovoide e luminoso. Tanto me fascinou que decidín trasladalo ó interior da casa. Acomodeino entre algodóns nun xoieiro translúcido. Á mañá seguinte, deixoume abraiada: triplicara o seu tamaño e non cabía no cofre. Libereino sobre unha bandexa. Relucía cada vez menos. Antes de apagarse de todo, emitiu un chispazo forte. Preocupábame deixalo só, pero debía marchar. Saín a escape, sen almorzar sequera. Ese día non conseguín concentrarme no traballo. Regresei máis cedo do habitual. Impresionoume atopalo coas dimensións e o brillo orixinais. Púxenme moi nerviosa cando empezou a escintilar. Sen saber a razón, entendín que tiña urxencia por volver para fóra. Pouseino no chan, xusto onde o atopara a véspera. Sentei a carón del. Perdín a noción do tempo contemplándoo. Ata esquecín que non xantara. A tarde foise rendendo; o luscofusco estaba a piques de vencela. De súpeto, aquel ovo rutilante desapareceu, deixando unha pegada indeleble no céspede e un baleiro en min con forma de interrogación.
POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:
“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
4 jul 2026
ILUSIÓN FUXIDÍA / ILUSIÓN EFÍMERA
6 jun 2026
BEGOÑA
mentres pechas unha etapa.
Vas buscando novas vidas
que te esperan desde hai séculos.
Vas vivindo
mentres segues soñando.
Vas abriendo viejas puertas
mientras cierras una etapa.
Vas buscando nuevas vidas
que te esperan hace siglos.
Vas viviendo
mientras sigues soñando.
13 may 2026
LIBROS
Merquei dous libros.
Un, para adorno.
O outro, de saldo.
Compré dos libros.
Uno, de adorno.
Otro, de saldo.
27 abr 2026
FILLOS DE PAPEL/ HIJOS DE PAPEL
Acariño
as súas redondeces imperfectas. Necesito apalpalo ata empezar a parir o
seguinte. Só entón, podo acomodalo xunto ós seus irmáns anteriores. Manías. O
domingo sácoos á rúa para doalos un a un. Algúns transeúntes rexeitan o
ofrecemento con xesto hostil; outros, ó despregalo e descubrir o contido,
páganmo cun sorriso. Eu agradezo as distintas reaccións de igual xeito porque
todas serán nutrientes básicos dos meus próximos relatos. Unha vez impresos en
papel, engúrroos formando esferas desiguais: sementes que vou esparexendo entre
a xente. Por se xerminan.
Acaricio sus redondeces imperfectas. Necesito manosearlo hasta empezar a parir el siguiente. Solo entonces, puedo acomodarlo junto a sus hermanos anteriores. Manías. El domingo los saco a la calle para donarlos uno a uno. Algunos transeúntes rechazan el ofrecimiento con gesto hostil; otros, al desplegarlo y descubrir el contenido, me lo pagan con una sonrisa. Yo agradezco las distintas reacciones de igual manera porque todas serán nutrientes básicos de mis próximos relatos. Una vez impresos en papel, los arrugo formando esferas desiguales: semillas que voy esparciendo entre la gente. Por si germinan.
25 abr 2026
LUNÁTICA
Mi niña era muy caprichosa. Una noche se empeñó en ver el
otro lado de la Luna. No fuimos capaces de retenerla. Cogió una mochila y se
fue diciendo que pronto nos enviaría una foto. Hoy hace 40 años. Seguimos
esperándola.
9 abr 2026
POR ALGO ME CHAMAN DOLORES / POR ALGO ME LLAMAN DOLORES
Máis có pasado que non lembro
dóeme o que non dou esquecido.
E o presente reumático,
o futuro raquítico,
os tempos perdidos que non hei recuperar,
as tristuras da parella e demais achegados,
o vicio da docencia
(presuntamente inútil),
os desatinos vergonzosos
deste mundo (irreversibles).
![]() |
| Imaxe de internet (Pixabay) |
E dóenme tanto as dores dos fillos
que me arrepinto de telos parido.
Más que el pasado que no recuerdo
me duele el que no puedo olvidar.
Y el presente reumático,
el futuro raquítico,
los tiempos perdidos que no voy a recuperar,
las tristezas de la pareja y demás allegados,
el vicio de docencia
(presuntamente inútil),
los desatinos bochornosos
de este mundo (irreversibles).
Y me duelen tanto los dolores de los hijos
que me arrepiento infinito de haberlos parido.
7 abr 2026
MAL PROGNÓSTICO / MAL PRONÓSTICO
Tras reconocer, demasiado tarde, que
nunca debí fiarme de él, la decepción y el enojo pertinentes han ido
degenerando: sufro ahora pesar crónico, al asumir que jamás volveré a creer en
mí.
Relato publicado en ENTC
20 feb 2026
A FONTE DA MEIGA
A
poucas leguas de Compostela, hai unha fonte temida polos homes. Contan que se
detivo alí un peregrino medieval galo para beber e refrescar os pés danados.
Aparece entón unha muller e ofrécelle as súas mañas de curandeira. Satisfeito,
tenta recompensala, pero ela decide cobrarlle máis adiante. O forasteiro renova
a marcha ignorando que xamais poderá saciar a sede con outras augas. Durante
toda a vida, verase obrigado a regresar frecuentemente a ese mesmo lugar. Mesmo
morto, a súa sombra continuou de rolda, como aseguraron algunhas mozas. Aínda hoxe,
chaman fillos do francés ós nados na rexión sen pai coñecido.
A pocas leguas de Compostela, hay una fuente temida por los hombres. Cuentan que un peregrino medieval galo se habría detenido allí para beber y refrescar los pies dañados. Aparece entonces una mujer y le ofrece sus mañas de curandera. Satisfecho, intenta recompensarla, pero ella decide cobrarle más adelante. El forastero reanuda la marcha ignorando que jamás podrá saciar la sed con otras aguas. Durante toda la vida, se verá obligado a regresar frecuentemente a ese mismo lugar. Incluso muerto, su sombra continuó de ronda, como aseguraron algunas mozas. Aún hoy, llaman hijos del francés a los nacidos en la región sin padre conocido.
19 feb 2026
DIÓXENES / DIÓGENES
Aínda
que Dna. Carmen sempre se negaba a abrir a porta a ninguén, esa vez era
evidente que urxía prestarlle axuda. Ultimamente non saía da casa nin para
visitar os contedores do lixo. Ademais do balbordo de cans e gatos, cada vez
máis estridente, o fedor na escaleira xa resultaba insoportable. A preocupación
lóxica dos veciños converteuse en desesperación. Había tempo que esgotaran a
paciencia e tódalas vías ó seu alcance para solicitar a intervención dos
servizos sociais e outros organismos presuntamente competentes. Sempre a mesma
resposta: sen consentimento da afectada ou autorización xudicial, imposible
invadir o ámbito privado. Pero chegou a nova Lei de Benestar Animal e viron na
norma unha posible saída. Denunciaron con présa as condicións indignas nas que
se achaban as mascotas do 3º B. Poucos días despois, acudían ó edificio as
autoridades de orde pública. Como non houbo resposta desde o interior,
accederon á vivenda por medios propios e, veloces, trasladaron a unha
protectora algúns animais aínda vivos. Ela tivo menos sorte: o que se puido
recuperar da anciá foi ó depósito de cadáveres.
8 ene 2026
SORPRESA DE IDA E VOLTA / SORPRESA DE IDA Y VUELTA
Abúrreme o Nadal. Adoito evitalo indo de safari ou a calquera destino exótico. Pero este ano cambio esas aventuras por outra de maior risco: sorprender á familia na cea de Noiteboa.
Non me esperan. Desde fóra, oio entre o boureo disparos de tapóns de champaña e choques de copas. Envío unha mensaxe anónima a miña irmá rogándolle que abra a porta a Papá Noel, demasiado gordo para entrar pola cheminea. Responde. Alucino: a moi inocente creo. Pretende deitalos a todos primeiro empeñada en que non me vexan. Chove. Cando abre ó fin, descobre a un tipo fraco tremelicando, con barba postiza e disfrace vermello enchoupado de auganeve; a carón, un saco grande. Asústase, pecha de golpe e chama á policía.
Grazas á estufa da comisaría, podo recuperar a fala e explicarme. Os axentes tentan, sen éxito, controlar as gargalladas.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Me aburren las Navidades. Suelo evitarlas yendo de safari o a cualquier destino exótico. Pero este año cambio esas aventuras por otra de mayor riesgo: sorprender a la familia en la cena de Nochebuena.
No me esperan. Desde fuera, oigo entre el bullicio disparos de corchos de champán y choques de copas. Envío un mensaje anónimo a mi hermana rogándole que abra la puerta a Papá Noel, demasiado gordo para entrar por la chimenea. Responde. Alucino: la muy inocentona se lo cree. Pretende acostarlos a todos primero empeñada en que no me vean. Llueve. Cuando abre al fin, descubre a un tipo flaco tiritando, con barba postiza y disfraz rojo empapado de aguanieve; a su lado, un saco grande. Se asusta, cierra de golpe y llama a la policía.
Gracias a la estufa de comisaría, puedo recuperar el habla y explicarme. Los agentes intentan, sin éxito, controlar las carcajadas.
Relato creado para el GORDO ENTC 2025
8 dic 2025
SIMBIOSE PRAGMÁTICA / SIMBIOSIS PRAGMÁTICA
Son empregada do fogar interna. Coido dunha anciá a xornada
completa. Non me queixo; a súa familia, que reside lonxe, adoita ingresar cada
mes na miña conta o salario acordado. Ela dispón de diñeiro en efectivo para os
gastos cotiáns. Eu encárgome das demais tarefas: limpeza, alimentación, paseos,
médicos.... Desde o principio, convivimos sen ningún conflito. Ata que chegaron
os malditos avisos de deterioración mental. Non quere asearse nin saír, négase
a comer ou faino a deshora, perde a carteira... De cando en vez, teño que
realizar pagos inevitables cos meus aforros. Tamén me resulta estraño organizar
o seu armario; antes permanecía sempre pechado e agora revólveo tódolos días.
Esta mañá, ordenándoo detidamente, descubrín entre a roupa unha bolsa cargada
de billetes. Reposta do sobresalto, a primeira reacción foi ignorar o achado;
despois pensei en chamar a un familiar; pero, ó final, decidín gardala no meu
cuarto. Con ese capital milagroso, poderei ofrecerlle as mellores atencións,
incluso os servizos de doutores privados se fose necesario. Debo administralo
ben. Será un seguro de vida para ámbalas dúas: canto máis dure a señora, máis
tempo terei teito e emprego fixo.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Soy empleada del hogar interna. Cuido de una anciana a jornada completa. No me quejo; su familia, que reside lejos, suele ingresar cada mes en mi cuenta el salario acordado. Ella dispone de dinero en efectivo para los gastos cotidianos. Yo me encargo de las demás tareas: limpieza, alimentación, paseos, médicos.... Desde el principio, convivimos sin conflicto alguno. Hasta que han llegado los malditos avisos de deterioro mental. No quiere asearse ni salir, se niega a comer o lo hace a deshora, pierde la cartera... De vez en cuando, tengo que realizar pagos inevitables con mis ahorros. También me resulta extraño organizar su armario; antes permanecía siempre bajo llave y ahora lo revuelve todos los días. Esta mañana, ordenándolo detenidamente, descubrí entre la ropa una bolsa cargada de billetes. Repuesta del sobresalto, la primera reacción fue ignorar el hallazgo; luego pensé en llamar a un familiar; pero, al final, he decidido guardarla en mi cuarto. Con ese capital milagroso, podré ofrecerle las mejores atenciones, incluso los servicios de doctores privados si fuera necesario. Debo administrarlo bien. Será un seguro de vida para ambas: cuanto más dure la señora, más tiempo tendré techo y empleo fijo.
Relato publicado en ENTC
8 oct 2025
UN SER DE LUZ (ARTIFICIAL)
Hai un par de anos, Sara cambiou o piso por unha casa vella con horta. Aínda que os novos veciños a recibiron mellor do que esperaba, andan amoscados porque case non a ven. Disque a luz do día lle produce tal estrés que non consegue funcionar, desoriéntase totalmente. Por iso fai vida de noite, sen medo a nada nin a ninguén. A xente desconfía. Os animais nocturnos habituais xa se cruzan con ela sen inmutarse; os esporádicos foxen ante un ser vertical cunha luz potente na testa. Descoñecen que é unha lanterna para ver onde pisa ou espeta o sacho.
Sara ten un problema novo: prohibiron recoller cogomelos na comarca despois da tardiña. Como eses manxares colaboraron na súa decisión de mudarse á aldea, rexeita desaproveitalos. Esta mañá ben cedo, antes de deitarse, fíxose a valente e saíu. Deu chegado ó monte e mesmo encheu o cesto, pero atopar o camiño de volta foi imposible. Bota de menos no peto o móbil repudiado. E alá segue, sen rumbo, cada vez máis lonxe, morta de fame, toqueando ós poucos, ata que a escuridade lle indique a dirección correcta. Os fungos recollidos empezan a deteriorarse.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Hace un par de años, Sara cambió el piso por una casa vieja con huerta. Aunque los nuevos vecinos la recibieron mejor de lo que esperaba, andan mosqueados porque casi no la ven. Al parecer, la luz del día le produce tal estrés que no consigue funcionar, se desorienta totalmente. Por eso vive de noche, sin miedo a nada ni a nadie. La gente desconfía. Los animales nocturnos habituales ya se cruzan con ella sin inmutarse; los esporádicos huyen ante un ser vertical con una luz potente en la cabeza. Desconocen que es una linterna para ver dónde pisa o clava el azadón.
Sara tiene un problema nuevo: han prohibido recoger setas en la comarca después del atardecer. Como esos manjares colaboraron en su decisión de mudarse a la aldea, rechaza desaprovecharlos. Esta mañana muy temprano, antes de acostarse, se hizo la valiente y salió. Pudo llegar al monte e incluso llenó el cesto, pero encontrar el camino de vuelta fue imposible. Echa de menos en el bolsillo el móvil repudiado. Y allá sigue, sin rumbo, cada vez más lejos, muerta de hambre, dando cabezadas, hasta que la oscuridad le indique la dirección correcta. Los hongos recogidos empiezan a deteriorarse.
Relato publicado en ENTC
3 oct 2025
VENDAVAL
Despois do vento,
das árbores caídas facemos leña.
Después del viento, de cada árbol caído hacemos leña.
28 sept 2025
MAN ESQUERDA / MANO IZQUIERDA
Desde que un estúpido accidente doméstico lle queimou a destra con aceite de tirabeques, a súa vida é outra. De súpeto e por orde, xurdiron os trastornos clásicos: dor, curas, uso forzoso da zurda, certa dependencia... Despois chegou un cambio de carácter inesperado. Grazas ó seu novo talante conciliador e persuasivo, conseguiu recuperar o trato con tódolos veciños, convencer ó marido para reformar o baño ou que os netos coman verdura. Como ela mesma continúa colocando a vendaxe, ninguén sabe que o centro de saúde lle deu a alta hai dúas semanas. Teme desfacer o feitizo.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
18 sept 2025
PURA DE PRADO
As tellas rotas deixan que os lóstregos invadan o cuarto. A Pura cústalle abandonar o xergón do chan. Antes de distribuír cacharros baixo as pingueiras inminentes, atende á súa irmá impedida, que chora feita un nobelo ríxido sobre un metálico oxidado.
-¡Cala xa! Se non fose por ti, casaría cun
millonario. ¡A ver se un puto raio deses te deixa seca dunha vez!
É a súa maneira de dicirlle que a quere moito.
Desde que o cura novo inviste as escasas pesetas das
limosnas da igrexa en pagarlles o pan, pasan menos fame. Diñeiro ninguén lles
dá, xa que Pura, de moza a máis fermosa da comarca, gastaríao en afeites ou
lentes escuras que disimulen o ollo baleiro.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Las tejas rotas dejan que los relámpagos invadan el cuarto. A Pura le cuesta abandonar el jergón del suelo. Antes de distribuir cacharros bajo las goteras inminentes, atiende a su hermana impedida, que llora hecha un ovillo rígido sobre un somier oxidado.
-¡Cállate ya! Si no fuera por ti, me casaría con un
millonario.
¡A ver si un puto rayo de esos te deja seca de una
vez!
Es su manera de decirle que la quiere con locura.
Desde que el cura nuevo invierte las escasas pesetas
del cepillo en pagarles el pan, pasan menos hambre. Dinero nadie les da, ya que
Pura, de joven la más hermosa de la comarca, se lo gastaría en afeites o gafas
oscuras que disimulen el ojo vacío.
Verano e invierno, mil harapos y sombrero protegen su
piel de doncella cincuentona. A no ser que espere la visita de un pretendiente
imaginario; entonces, broncea su cuerpo desnudo entre maizales y se viste
elegantemente.
Cuando no puede más, nos visita. En casa, no sólo
tiene asegurado un plato caliente, sino la ración de cordura necesaria para ir
tirando. Mi madre la escucha con paciencia infinita; luego, le desmonta sus
fantasías y la despide curada por unas horas.
Relato publicado en ENTC
16 sept 2025
RELACIÓN FUGAZ
Véxoo desde a ventá. Máis cás antenas ou a pel de sapo, impresióname como se despraza: levita. ¡Cantas veces flotei ingrávida en soños! Saio recibilo. Sorprendentemente, asústome menos ca el. Penso mil preguntas e, abraiada, comprobo que responde a todas por telepatía. Cando case consegue facerme levitar coa súa técnica avanzada, detecta o coche do meu home e desaparece. Volvía do traballo veloz e preocupado porque non atendo o teléfono. Despois de contarlle o acontecido, lévame a urxencias psiquiátricas. Pido auxilio telepático ó meu novo amigo ausente, pero non contesta.
25 ago 2025
FINO
Se da aires
de marqués. No pasa hambre, es que está siempre a dieta. La manta menos raída y
el mejor cartón siempre son los suyos.
19 ago 2025
INCONGRUENCIAS
Este ano non puidemos
desfacernos dos restos da poda arbórea porque a Administración denegou os
permisos para a queima desde abril. Xustificación esgrimida: a seca anormal
anticipa e incrementa o risco de incendios.
O verán está recentemente estreado. Saímos en coche sobre as sete da tarde, con ceo despexado e calor. Uns quilómetros despois, o sol empeza a cubrirse. Pensamos se a bruma da ría terá algunha culpa, pero o cheiro a fume enseguida disipa as dúbidas. Non divisamos lume. A visibilidade empeora. A miña sogra nonaxenaria que, por vontade propia, vive máis lonxe e soa do debido, espera a visita. Seguimos. Alívianos atopala sosegada. Ceamos con ela unhas sardiñas feitas na grella e regresamos. A noite deixa ver as chamas. Aínda que invaden a paisaxe, non asustan demasiado. Un sorriso bilateral e malicioso sorpréndenos: o noso problema ten solución. Cando cheguemos, haberá que mudarse e ir á horta. Toca suar.
Coma sempre, os xornais destacan en portada as innumerables fogueiras xeradas para festexar San Xoán. Dita noticia aparece ilustrada coa foto dunha praia absolutamente cuberta por toneladas de lixo, pegada indeleble do desenfreo nocturno.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Este año no pudimos deshacernos de los restos de poda arbórea porque la Administración denegó los permisos para quema desde abril. Justificación esgrimida: la sequía anormal anticipa e incrementa el riesgo de incendios.
El verano está recién estrenado. Salimos en coche sobre las siete de la tarde, con cielo despejado y calor. Unos kilómetros después, el sol empieza a cubrirse. Pensamos si la bruma de la ría tendrá alguna culpa, pero el olor a humo enseguida disipa las dudas. No divisamos fuego. La visibilidad empeora. Mi suegra nonagenaria que, por voluntad propia, vive más lejos y sola de lo debido, espera la visita. Seguimos. Nos alivia encontrarla sosegada. Cenamos con ella unas sardinas a la parrilla y regresamos. La noche deja ver las llamas. Aunque invaden el paisaje, no asustan demasiado. Una sonrisa bilateral y maliciosa nos sorprende: nuestro problema tiene solución. Cuando lleguemos, habrá que mudarse e ir al huerto. Toca sudar.
Como siempre, los periódicos destacan en portada las innumerables hogueras generadas para festejar San Juan. Dicha noticia aparece ilustrada con la foto de una playa absolutamente cubierta por toneladas de basura, huella indeleble del desmadre nocturno.
15 ago 2025
FUTURO XERIFALTE / FUTURO MANDAMÁS
Xa ten dezasete anos e, ata o de agora, ninguén soubo diagnosticar correctamente a súa doenza, sendo dita circunstancia a causante de reprimendas, castigos, expulsións escolares e incomprensión xeral. Os seus propios pais avergóñanse del; os amigos dúranlle xusto o tempo que tardan en descubrir o defecto.
Pero un investigador de síndromes conxénitas raras interesouse polo caso e acaba de poñerlle nome ó trastorno: intolerancia extrema a verbalizar certezas. Mente por imperativo xenético. Rubor, taquicardia, tremores ou vertixe aparecen cando se ve forzado a emitir unha verdade, como nos exames. Aínda que o especialista prognostica que o seu mal será incurable, pretende minimizar esas molestias aplicándolle tratamentos experimentais que parecen eficaces. En efecto, despois dunha semana en terapia, xa pode pronunciar o seu nome completo sen poñerse encarnado, ou recitar a dirección postal exacta con apenas palpitacións.
O mellor é que o doutor augura ó paciente un futuro profesional brillante. Recoméndalle inscribirse, de momento, no sector xuvenil de calquera partido mentres continúa estudando. Despois, cando descubran a súa capacidade innata, pelexarán por el; entón elixirá aquela formación política que máis valore a mentira de autor. E alcanzará un desenvolvemento persoal envexado, sen reproches nin sacrificios.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Ya
tiene diecisiete años y, hasta ahora, nadie supo diagnosticar correctamente su
dolencia, siendo dicha circunstancia la causante de reprimendas, castigos,
expulsiones escolares e incomprensión general.
Sus propios padres se avergüenzan de él; los amigos le duran justo el
tiempo que tardan en descubrir el defecto.
Pero un investigador de síndromes congénitos raros se ha interesado por el caso y acaba de ponerle nombre al trastorno: intolerancia extrema a verbalizar certezas. Miente por imperativo genético. Rubor, taquicardia, temblores o vértigo aparecen cuando se ve forzado a emitir una verdad, como en los exámenes. Aunque el especialista pronostica que lo suyo será incurable, pretende minimizar esas molestias aplicándole tratamientos experimentales que parecen eficaces. De hecho, después de una semana en terapia, ya puede pronunciar su nombre completo sin ponerse colorado, o recitar la dirección postal exacta con apenas palpitaciones.
Lo mejor es que el doctor augura al paciente un futuro profesional brillante. Le recomienda inscribirse, de momento, en el sector juvenil de cualquier partido mientras continúa estudiando. Luego, cuando descubran su capacidad innata, se pelearán todos por él; entonces elegirá aquella formación política que más valore la mentira de autor. Y alcanzará un desarrollo personal envidiado, sin reproches ni sacrificios.
10 ago 2025
MÁIS CA PEDRAS / MÁS QUE PIEDRAS
Ía para monxa e queimou o
hábito cos chispazos dun amor explosivo. El colgou a sotana antes de acompañala
ó altar e deseñar unha familia ideal. Pronto chegaron os xemelgos. Despois de
meses velando por quendas os seus prantos, a media ducia de fillos en proxecto
reduciuse á metade. Co falecemento do terceiro, renegaron de Deus. Seguiron
camiñando xuntos, aínda que desorientados. Dubidaban en cada encrucillada e
adoitaban elixir o ramal equivocado. Véndose perdidos, tentaban retroceder,
pero tarde: a maleza xa invadía calquera senda anterior. Desgastada a esperanza
de ter netos ós que agarrarse para manterse en pé, o traxecto final tamén será
borroso.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Iba para monja y quemó el hábito con los chispazos de un amor explosivo. Él colgó la sotana antes de acompañarla al altar y diseñar una familia ideal. Pronto llegaron los mellizos. Después de meses velando por turnos sus llantos, la media docena de hijos en proyecto se redujo a la mitad. Con el fallecimiento del tercero, renegaron de Dios. Siguieron caminando juntos, aunque desorientados. Dudaban en cada encrucijada y solían elegir el ramal equivocado. Viéndose perdidos, intentaban retroceder, pero tarde: la maleza ya invadía cualquier senda anterior. Desgastada la esperanza de tener nietos a los que agarrarse para mantenerse en pie, el trayecto final también será borroso.



















