POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 dic 2024

VOCACIÓN FABULOSA

             

Achegouse ó mostrador a bo paso, iniciando aí a súa rutina. Sen deterse apenas, colle unha máscara cirúrxica, saúda coa man ás enfermeiras e continúa. Leva bata branca con placa identificativa, cabeleira gris, sorriso permanente, fonendoscopio ó pescozo, axenda... Visita a cada paciente da planta despois de que toda clase de persoal uniformado despexase as habitacións; os carriños da comida aínda non asoman polo corredor. Interroga, responde, anota, anima e, sobre todo, promete volver pronto. Os enfermos quedan encantados. Pero non o volven a ver. Cando preguntan por el, ninguén sabe quen é. En días sucesivos, á mesma hora, repite a actuación noutros hospitais. Aínda que nunca pisou universidade algunha, pensa que é médico. 

Imaxe procedente de internet

Se acercó al mostrador a buen paso, iniciando ahí su rutina. Sin detenerse apenas, coge una mascarilla, saluda con la mano a las enfermeras y continúa. Lleva bata blanca con placa identificativa, cabellera canosa, sonrisa permanente, fonendoscopio al cuello, agenda... Visita a cada paciente de la planta después de que toda clase de personal uniformado haya despejado las habitaciones; los carritos de la comida todavía no asoman por el pasillo. Interroga, responde, anota, anima y, sobre todo, promete volver pronto. Los enfermos quedan encantados. Pero no lo vuelven a ver. Cuando preguntan por él, nadie sabe quién es. En días sucesivos, a la misma hora, repite la actuación en otros hospitales. Aunque nunca pisó universidad alguna, piensa que es médico.


No hay comentarios: