POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

16 dic 2024

PURO CONTO / PURO CUENTO

Obsesionada con atopar o seu príncipe azul, ía de poza en poza bicando batracios. Acabou acostumándose a facelo sen sentir noxo. Un solteiro desaprehensivo, sabedor do conto, esperouna unha noite clara acazapado entre a maleza e apareceu ó seu lado xusto cando ela chuchaba a un pobre anfibio. Casaron, como estaba escrito; pero, como era de esperar, o presunto infante saíulle ra. 

Ó volver da taberna unha madrugada, bébedo coma sempre, topou coa súa muller a medio camiño, á beira do lugar no que se coñeceran. Farta das súas falcatruadas, empuxouno ó fondo do maldito estanque de onde nunca debeu saír, segundo ela. 



Obsesionada con encontrar a su príncipe azul, iba de charca en charca besando batracios. Acabó acostumbrándose a hacerlo sin sentir asco. Un soltero desaprensivo, sabedor del cuento, la esperó una noche clara agazapado entre la maleza y apareció a su lado justo cuando ella besuqueaba al pobre anfibio de turno. Se casaron, como estaba escrito; pero, como era de esperar, el presunto infante le salió rana.

Al volver de la taberna una madrugada, borracho como siempre, se topó con su esposa a medio camino, a la vera del lugar en el que se habían conocido. Harta de sus desmanes, lo empujó al fondo del maldito estanque de donde nunca debió salir, según ella.


No hay comentarios: