POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 dic 2024

CONTIDO PERIGOSO / CONTENIDO PELIGROSO

 

Moléstalle que a chamen influencer, prefire ser recoñecida como creadora de contido. Mantén o seu status elaborando material propio con ínfulas de educadora. O último foi impactante. Co pretexto de rememorar “Alfonsina y el mar”, organizou unha selección telemática: buscaba unha muller especial para facela protagonista dun vídeo. A elixida introduciríase lentamente na auga espumosa dunha praia, soando a canción de fondo. Escolleu tamén varias suplentes. Chegado o momento da gravación, resultaron todas tan profesionais e realistas que nin a última anotada saíu da auga. Éxito impresionante. Leva varios meses repetindo a escena. Sen pretendelo, converteuse na maior influencer do nicho máis popular entre os candidatos ó suicidio elegante.

 

Imaxe procedente de internet

Le molesta que la llamen influencer, prefiere ser reconocida como creadora de contenido. Mantiene su estatus elaborando material propio con ínfulas de educadora. Lo último fue impactante. Con el pretexto de rememorar “Alfonsina y el mar”, organizó un casting telemático: buscaba una mujer especial para hacerla protagonista de un vídeo. La elegida se introduciría lentamente en el agua espumosa de una playa, sonando la canción de fondo. Seleccionó también a varias suplentes. Llegado el momento de la grabación, resultaron todas tan profesionales y realistas que ni la última anotada regresó a la orilla. Éxito abrumador. Lleva varios meses repitiendo la escena. Muy a su pesar, se convirtió en la mayor influencer del nicho más popular entre los candidatos al suicidio elegante.


No hay comentarios: