POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

26 oct 2019

ÚLTIMA VONTADE / ÚLTIMA VOLUNTAD



Cunha folla de xornal atrasado, constrúe un veleiro. Despois, acomoda a súa alma no interior, entre algodóns. Bota o barco e empúxao sobre o mar con refachos de alento. O seu corpo murcho vaise derrubando na area, paseniño, á velocidade do navío.

(Imaxe procedente de internet)

Con una hoja de periódico atrasado, construye un velero. Luego, acomoda su alma en el interior, entre algodones. Bota el barco y lo empuja sobre el mar con ráfagas de aliento. Su cuerpo marchito se va desplomando en la arena, lentamente, a la velocidad del navío.



No hay comentarios: