POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

13 oct 2019

O MONICREQUEIRO / EL TITIRITERO




(Imaxe procedente de internet)

Atrae á rapazada cantando ripios e repartindo pastillas de xabón perfumado, que saca dunha caixa con rodas. Cando consegue un número respectable de público, desprega o teatriño de monicreques e, manipulando maxistralmente a marioneta dun lobo, fascínaos cunha historia fantástica. Durante a actuación, pide un voluntario como axudante. É doado: deberá ocultarse ó seu carón detrás do escenario e só terá que berrar ou chorar cando el llo indique coa súa man libre. Se algún adulto se achega, desmonta a trangallada a escape e desaparece. Os nenos quedan alucinados. Menos un, que segue pálido e suspirando.




Atrae a la chavalería cantando ripios y repartiendo pastillas de jabón perfumado, que saca de una caja con ruedas. Cuando consigue un número respetable de público, despliega el guiñol y, manipulando magistralmente la marioneta de un lobo, los embelesa con una historia fantástica. Durante la actuación, pide un voluntario como ayudante. Es fácil: deberá ocultarse a su lado detrás del escenario y solo tendrá que gritar o llorar cuando él se lo indique con su mano libre. Si algún adulto se acerca, desmonta el tinglado a escape y desaparece. Los niños quedan alucinados. Menos uno, que sigue pálido y sollozando.
                                                                                     
                                                                               ( Creado para La copa de ENTC)



No hay comentarios: