POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 sept 2019

SEN CACHELOS / SIN CACHELOS



Decidiu combater a fame fabricando pratos de madeira económicos. Os días de feira, pecha o taller e, camuflado, deambula entre as mesas, onde centos de comensais atacan con escarvadentes ó exquisito cefalópodo. Sixilosamente, recolle pratos baleiros enzoufados de aceite que, despois de ben lambidos, venderá como novos.



                                     Imaxe procedente de internet






Decidió combatir el hambre fabricando platos de madera económicos. Los días de feria, cierra el taller y, camuflado, deambula entre las mesas, donde cientos de comensales atacan con palillo al exquisito cefalópodo. Sigilosamente, recoge platos vacíos pringados de aceite que, después de bien lamidos, venderá como nuevos.


No hay comentarios: