POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

12 ene 2014

VISITA NON GRATA


Xa está aquí. Coma sempre, aparece sen previo aviso. Instálase na casa e xa non se vai ata despois de Reis. Acompañarame a todas partes; estará presente nas miñas compras, dúbidas e decisións e, sobre todo, nas miñas festas, facendo que as odie tanto como a ela. En plena velada de Nadal ou Noite Vella, cando todos se divirtan cunha copiña de máis, lembrarame:

­—Que pena que falte papá, co que gozaba el nestas celebracións…
Mujer triste, de Pepe Gelo Gelo (imaxe de internet)

Terei que encerrarme no baño para enxugar as bágoas, e tamén alí sufrirei a súa presenza. Os demais nin se decatarán; así non poderán botarme unha man para quitala de enriba. Estou acostumada a disimular, ninguén ten culpa de que ela se obsesionara comigo e non me deixe respirar. Esta vez aínda será peor, porque non virá o fillo. Queda coa moza e a súa familia. Normal. Pero cando menos o espere, saltará ela:

—Si, a familia da noiva… ¿E ti, que?

Non sei o que daría por dar un salto no tempo e aparecer a mediados de xaneiro. Calquera ano ocorre unha desgraza. ¡Maldita depresión!





Ya está aquí. Como siempre, aparece sin previo aviso. Se instala en casa y ya no se va hasta después de Reyes. Me acompañará a todas partes; estará presente en mis compras, mis dudas, mis decisiones y, sobre todo, en las fiestas, haciendo que las odie tanto como a ella. En plena velada de Navidad o Noche Vieja, cuando todo el mundo destile alegría, me recordará:

-¡Qué pena que falte papá, con lo que disfrutaba en estas celebraciones…!

Tendré que encerrarme en el baño para enjugar las lágrimas, y también allí sufriré su presencia. Los demás ni se enterarán; así no podrán echarme una mano para quitármela de encima. Estoy acostumbrada a disimular, nadie tiene la culpa de que ella se haya obsesionado conmigo y no me deje respirar. Esta vez todavía será peor, porque no vendrá mi hijo. Se queda con la novia y su familia. Normal. Pero cuando menos me lo espere, saltará ella:

-Si, la familia de la novia… ¿Y tú, qué? 

No sé lo qué daría por dar un salto en el tiempo y aparecer a mediados de enero. Cualquier año ocurre una desgracia. ¡Maldita depresión!

Relato creado para ENTC

5 comentarios:

@lorenzodrubio dijo...

Bueno ya estamos a mediados de enero. A ver si en las próximas Navidades las acoge con otros ánimos.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Seguro! Isto é todo conto.

Grazas por visitarme.

rascacheira dijo...

Iso mesmo ía poñer eu...

suaseiras dijo...

Como sabes poñer palabras aos sentimentos, en momentos determinados.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Faise o que se pode...