POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

3 ene 2014

¡SE FOSE TONTO…! / ¡SI FUERA TONTO...!


(Imaxe baixada de internet)





Xa non me queres e conto que te deixei. Afógame a pena e finxo indiferenza. Debo de ser idiota. Mellor aínda: gustaríame selo.




Ya no me quieres y cuento que te he dejado. Me ahoga la pena y finjo indiferencia. Debo de ser idiota. Mejor aún: me gustaría serlo.



1 comentario:

suaseiras dijo...

En consonancia coa imaxen e con el mesmo:)