POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

24 ene 2014

NANDINA





Entre coníferas
sorpresa de color:
unha nandina.
Non me farto de vela
a través da ventá.







Entre coníferas
              sorpresa de color:
             una nandina.
                                   No me canso de verla
                                        a través del cristal.


9 comentarios:

suaseiras dijo...

Ben merecido.
Bonitísima.

suaseiras dijo...

Por certo, venme á memoria unha seguidora túa dalgún tempo que se facía chamar con este mesmo nome...
Nandina: Ola!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja ja ja "¿Andandará...?"

carnota dijo...

NANDINAS, CAMELIAS, COTONEASTER...que valentía a vosa de sobresaír neste inverno tan inverno. Non tedes medo das envexas que provocades? Andade con coidado! Entre tantas miradas postas en vós haberá algunha de meiga que provoca MAL DE OLLO!!!!!
-Que dis? Meigas fóra!
-Amén

Edita Nogueira Tallón dijo...

Xesú!!! Hai que ver como che afectan unhas pinguiñas de nada... Ata te volviches poeta e todo...

carnota dijo...

Foi unha cicloxéne explosiva. Non é para quedar.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿Que é o que non é para quedar, as pingas de nada ou a inspiración poética? :-)

carnota dijo...

As pingas fan falta que refrescan. En cambio as cicloxénes epantan.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si, fan falta, hai moita sequía... Non me fagas falar mal, non me fagas falar mal...!!!!