Cuando
no le queden uñas, ¿qué comerá?
POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:
“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
7 comentarios:
A rabia...
Esa xa o comeu antes, e tena bastante aburrida, xa non lle mantén.
Esa xa a ten aburrida, e tampouco mantén moito...
¡¡¡ GENIAL !!!!
;)
Os mocos?
Sorpresa! Premendo escoito o concerto de Aranjuez!!!
Este ... gustaríame enlazalo ao meu twiter... SIIII???????? Agardo resposta e miro se se pode de paso.
¡O dos mocos, é unha idea asquerosa, pero brillante! Eu sei de quen xa está entrenando.
¡Sorpresa a miña, que non te decataras ata agora! A música xa está aí desde o principio dos séculos. ¿E logo non viches a información, ó principio da páxina, na marxe esquerda? Ai, ai, ai...
O do twiter xa che respondo polo outro medio. Xa sabes...
Publicar un comentario