POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

12 may 2013

FALLO FÍSICO



Con exactitude científica, ó introducirme na bañeira chea de todo, vertín no chan un volume de auga idéntico ó do meu espléndido corpo, descontando a cabeza, que tiven a precaución de deixar fóra. E dispúxenme a esperar acontecementos. Segundo as miñas previsións, o líquido elemento tardaría 720 segundos en chegar ó piso inferior. María subiría inmediatamente para avisarme; ó abrirlle a porta, caeríame a toalla sen querer, pediríalle desculpas… Pero houbo un erro de cálculo: nos meus libros de física non viña que as veciñas guapas acostuman ter noivo atlético e resolutivo.


(Imaxe baixada de internet)


Con exactitud científica, al introducirme en la bañera completamente llena, desplacé al suelo un volumen de agua idéntico al de mi espléndido cuerpo, descontando la cabeza, que tuve la precaución de dejar fuera. Y me dispuse a esperar acontecimientos. Según mis previsiones, el líquido elemento tardaría 720 segundos en llegar al piso inferior. María subiría inmediatamente a avisarme; al abrirle la puerta, se me caería la toalla sin querer; le pediría disculpas… Pero hubo un error de cálculo: en mis libros de física no venía que las vecinas guapas suelen tener novio atlético y resolutivo.


1 comentario:

rascacheira dijo...

Pillabán!!!