POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 may 2013

ACABOUSE / SE ACABÓ



Hoxe é un día triste, coma cando suspendes o exame de conducir ou che baixan o soldo. Non irás ó psicólogo por vergoña, porque dificilmente lle poderías explicar  o que che pasa. Tampouco llo poderás contar a ninguén, porque non resistirías os comentarios graciosos que provoquen as túas lamentacións. Terás que ir ó traballo e finxir que non che pasa nada; ou mentir… dicindo que che morreu o gato, se non podes evitar que che caia algunha bágoa. Hoxe estás de loito, porque sacaches do conxelador a última bolsiña de cogomelos que quedaba da túa colleita do outono.





Hoy es un día triste, como cuando suspendes el examen de conducir  o te bajan el sueldo. No irás al psicólogo por vergüenza, porque difícilmente le podrías explicar lo que te pasa. Tampoco se lo podrás contar a nadie, porque no resistirías los comentarios jocosos que provoquen tus lamentaciones. Tendrás que ir al trabajo y fingir que no te pasa nada; o mentir… diciendo que se te ha muerto el gato, si no puedes evitar que te caiga alguna lágrima. Hoy estás de luto, porque has sacado del congelador la última bolsita de setas que quedaba de tu cosecha otoñal.  


3 comentarios:

suaseiras dijo...

Non, non contes nada disto....
Entendo a túa mágoa, que pintaza!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Gárdame o segredo. :-)

rascacheira dijo...

Que ricos!!!!!!!!!!!!!!!!