POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

3 mar 2013

¿GALICIA?


Noiva do mar.
Berce de Rosalía.
Terra das meigas.


(Imaxe baixada de internet)

De tanto amor,
bicos de sal con ondas,
naceron rías.




   Azul e verde.
   Aloumiños de fala.
   Morriña e chuvia.



Novia del mar.
Cuna de Rosalía.
Tierra de brujas.

De tanto amor,
besos de sal con olas,
nacieron rías.

Azul y verde.
Arrumacos del habla.
Nostalgia y lluvia. 

4 comentarios:

Rascacheira dijo...

Seguen sendo os meus preferidos!

Edita Nogueira Tallón dijo...

A ver se vai ser que se che fan coñecidos... :-)

suaseiras dijo...

Este, en especial, ata arrecende!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Con comentaristas así, tan amables e con tan bo olfato, é un gusto...