(Imaxe
baixada de internet)
|
-Antes de que chegue teu pai, tes que rematar os
deberes e recoller os xoguetes. Xa sabes que cando volve á casa, vén
moi canso e anóxase con facilidade. ¿Que hora é ? Hoxe parece que
tarda. Vaille arrefriar a cea. ¿Onde está túa nai? Dille que o
chame, a ver que lle pasou. ¿Ti escóitasme, nena?
-¡Si, avoa! Tódolos días igual... Papá foise para
sempre hai vinte anos. ¿Como cho teño que explicar?
- Antes de que llegue tu padre, tienes que acabar los deberes y
recoger los juguetes. Ya sabes que cuando vuelve a casa, viene muy
cansado y se enfada con facilidad. ¿Qué hora es? Hoy parece que
tarda. Se le va a enfriar la cena. ¿Dónde está tu madre? Dile que
lo llame, a ver que le ha pasado. ¿Tú me escuchas, nena?
- ¡Si, abuela! Todos los días igual... Papá se fue para siempre
hace veinte años. ¿Cómo te lo tengo que explicar?
6 comentarios:
Esta temática resúltame moi dura e moi moi triste. Que triste a vida!
Si. A vida...
Boa imaxe.
:-) Estaba completamente segura de que ías dicir algo así. Teño que ter coidado de non poñer imaxes tan chulas, que me eclipsan o texto. Ja ja ja.
Eu tamén sabía que ías a falar do eclipsamento....Sabiao!!
Sabes o dito: unha imaxe vale mais-----, no caso que nos ocupa, a imaxe é pecfecta para o texto e o texto vai en total consonancia.
O texto e teu,sae (sen traballo...,total) e a imaxe, toleas pa buscala, logo, que queres que che diga máis, se o mérito e todiño teu?? Eh!?
Cando puntualizo "imaxe" (...,sempre, baixo o meu punto de mira, que tampouco é que mire mooooito) é porque me parece que está mallada na súa complicidade. Ollo! non significa que cando non faga referencia da mesma non no estea, eh??
Ai! diormio, si xa o sabes.
Ja ja ja. Mira canto te fixen escribir, aínda valeu a pena. Pois si, ás veces dáme máis traballo atopar a imaxe axeitada ca facer o texto. Pero cando consigo o que quero, é unha gran satisfación. Esta foi unha delas, encántame, e sabía que a ti tamén che ía gustar moito.
Publicar un comentario