POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

15 mar 2013

DEMENCIAL


(Imaxe baixada de internet)


-Antes de que chegue teu pai, tes que rematar os deberes e recoller os xoguetes. Xa sabes que cando volve á casa, vén moi canso e anóxase con facilidade. ¿Que hora é ? Hoxe parece que tarda. Vaille arrefriar a cea. ¿Onde está túa nai? Dille que o chame, a ver que lle pasou. ¿Ti escóitasme, nena?

-¡Si, avoa! Tódolos días igual... Papá foise para sempre hai vinte anos. ¿Como cho teño que explicar?




- Antes de que llegue tu padre, tienes que acabar los deberes y recoger los juguetes. Ya sabes que cuando vuelve a casa, viene muy cansado y se enfada con facilidad. ¿Qué hora es? Hoy parece que tarda. Se le va a enfriar la cena. ¿Dónde está tu madre? Dile que lo llame, a ver que le ha pasado. ¿Tú me escuchas, nena?

- ¡Si, abuela! Todos los días igual... Papá se fue para siempre hace veinte años. ¿Cómo te lo tengo que explicar?


6 comentarios:

Rascacheira dijo...

Esta temática resúltame moi dura e moi moi triste. Que triste a vida!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si. A vida...

suaseiras dijo...

Boa imaxe.

Edita Nogueira Tallón dijo...

:-) Estaba completamente segura de que ías dicir algo así. Teño que ter coidado de non poñer imaxes tan chulas, que me eclipsan o texto. Ja ja ja.

suaseiras dijo...

Eu tamén sabía que ías a falar do eclipsamento....Sabiao!!

Sabes o dito: unha imaxe vale mais-----, no caso que nos ocupa, a imaxe é pecfecta para o texto e o texto vai en total consonancia.

O texto e teu,sae (sen traballo...,total) e a imaxe, toleas pa buscala, logo, que queres que che diga máis, se o mérito e todiño teu?? Eh!?

Cando puntualizo "imaxe" (...,sempre, baixo o meu punto de mira, que tampouco é que mire mooooito) é porque me parece que está mallada na súa complicidade. Ollo! non significa que cando non faga referencia da mesma non no estea, eh??

Ai! diormio, si xa o sabes.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja ja ja. Mira canto te fixen escribir, aínda valeu a pena. Pois si, ás veces dáme máis traballo atopar a imaxe axeitada ca facer o texto. Pero cando consigo o que quero, é unha gran satisfación. Esta foi unha delas, encántame, e sabía que a ti tamén che ía gustar moito.