POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 mar 2013

ESPELLO / ESPEJO



(Imaxe baixada de interne


¡Maldito espello!
Espabila a memoria,
debuxa o tempo.



¡Maldito espejo!
Despierta la memoria,
dibuja el tiempo.


4 comentarios:

rascacheira dijo...

Si, o espello é un dos poucos lugares onde nos vemos tal e como somos, onde nos damos conta de que xa non temos 18 anos porque ás veces a cabeza nos parece dicir o contrario...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Se nos acordamos de vistir as gafas primeiro... :-)

suaseiras dijo...

Que conste, o espello aínda no é real de todo.

A realidade total, non existe!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ah, que alivio! Así que o que vexo eu tólos días pola mañá é mentira.... Moito mellor así. :-)