POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 feb 2013

CHOVE / LLUEVE


Choran as nubes
por solidariedade.
¡Canta fartura!
Temos auga de sobra
para lavar mentiras.


(Imaxe baixada de internet)




Lloran las nubes
por solidaridad.
¡Cuánta abundancia!
Hasta hay agua de sobra
para lavar mentiras.






2 comentarios:

suaseiras dijo...

Iste ano foi chorón.
Pese á fartura, non hai auga que lave certas mentiras nin certas verdades.

Pero, gústame.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ai, claro! Ti sumas tamén as verdades, así non hai auga que chegue, aínda ten que seguir chovendo. Pero non te preocupes, que disque aínda queda moita por vir. Tamén cando pare, vai estar o monte...