POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 dic 2012

TRISTURA RENOVADA / TRISTEZA RENOVADA



(Imaxe baixade de internet. De Jorge Trujillo)
Precisaba de ti para ser eu
para volver a pisar  terra
para sentir fame e non ter gana de comer.
Botaba en falta o teu alento,
estrañaba a túa presenza nos escritos
que se viraban amables ou graciosos.
Xa pensaba que te esqueceras de min
que me tocaba ser feliz sen remedio.
Pero ti nunca me fallas,
es unha sombra incombustible
que sempre apareces polo mesmo lado
azoutando sempre no mesmo sitio.
¿Por que os fillos doen tanto sempre?




Precisaba de ti para ser yo
para volver a pisar tierra
para sentir hambre y no tener ganas de comer.
Echaba en falta tu aliento,
extrañaba tu presencia en los escritos
que empezaban a ser amables o graciosos.
Pensaba que ya me habías olvidado
que me tocaba ser feliz sin remedio.
Pero tú nunca me fallas,
eres una sombra incombustible
que siempre apareces por el mismo lado
azotando siempre en el mismo sitio.
¿Por qué duelen tanto los hijos siempre?


4 comentarios:

Eutimos dijo...

Escalofriante en tu voz.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non sei se é bo ou malo iso..., pero como esa era a miña intención, anótoo na lista dos piropos. :-)
Grazas por escoitarme.

suaseiras dijo...


Por un lado, a imaxe é impresionante para o relato.
O recitado, entre carraxe e un punto de...,non atopo a palabra axeitada;non é amor,é máis ca iso-

O relato en si, profundo!!
Un dos preferidos.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ohhh!!! Grazas.