ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:
“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente: Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
Charón??? Puaf!!! Gústame máis en castelán, é máis fina e sutil. ENCANTOUME O TANKA! Dan ganas de comela, ulila. E gustoume moito moito moito a tradución. ARTISTA das palabras, si señor!!! E o que sempre digo: VIVA A TÜA CAPACIDADE DE SÏNTESE!
5 comentarios:
Queres crer que me atraganto sempre comendo iste froito!??
Contundente!!.
Será que é contundente de máis para a túa boquiña de piñón... :-)
Hermosa descripción.
Charón??? Puaf!!! Gústame máis en castelán, é máis fina e sutil. ENCANTOUME O TANKA! Dan ganas de comela, ulila. E gustoume moito moito moito a tradución. ARTISTA das palabras, si señor!!! E o que sempre digo: VIVA A TÜA CAPACIDADE DE SÏNTESE!
¿Non te pasarías un pouquiño en afagos? Eu encantada, pero...
Publicar un comentario